Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Tecnoloxías e Formas de Alteración de Estruturas Inmobles
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Foros de discusión A participación nos foros para resolver casos prácticos avaliarase cun 10% do total 10
Estudo de casos/análises de situacións Os casos prácticos reais ou simulados formulados na plataforma deberanse resolver mediante traballo autónomo con atención personalizada e entregar na plataforma no calendario indicado. 20
Probas de tipo test Formúlase a resolución de cuestionarios tipo test de autoavaliación. Para que sexan puntuables, deberán cubrirse no calendario especificado. 20
Traballos e proxectos Formúlase a realización dun traballo de carácter transversal dentro do Módulo 3; en esta materia, o alumno deberá resolver o correspondente á tecnoloxía e diagnóstico das estructuras dun ben inmoble previamente seleccionado. Esta proposta avaliarase mediante a entrega dun traballo escrito no calendario previsto. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno, segundo a
normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación.

A primeira lévase a cabo durante o cuadrimestre de docencia. En primeiro lugar, ao longo das semanas de docencia da materia, mediante a entrega de cuestionarios nas datas previstas, participación en foros, entrega da resolución dos casos reais e do traballo de carácter transversal.  No caso de que as semanas de docencia da materia
non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos previstos,
habilitarase a plataforma de docencia dúas semanas adicionais, ao final do
cuadrimestre, para facilitar a dita entrega, establecéndose neste caso un cronograma
alternativo de entrega de tarefas.

A segunda avaliación
realízase no mes de Xullo, para o que se habilitará de novo o acceso á
plataforma docente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000