Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Técnicas de Prospección do Subsolo Superficial
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade exposta, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. 40
Traballos e proxectos O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno, segundo a
normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación.

A primeira leva a cabo
durante o cuadrimestre de docencia. No caso de que as semanas de docencia da materia
non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos previstos,
habilitarase a plataforma de docencia dúas semanas adicionais, ao final do
cuadrimestre, para facilitar a dita entrega, establecéndose neste caso un cronograma
alternativo de entrega de tarefas.

Na convocatoria extraordinaria de Xulio os criterios de avaliación serán os mesmos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000