Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Tecnoloxías SIG para o Inventario do Patrimonio Cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos e proxectos O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias. Os resultados de aprendizaxe avaliados son a capacidade de xestionar grandes cantidades de datos documentais en diversos formatos, para que cooperen na labor común de xestión do patrimonio cultural. 60 A3
B2
C5
C6
D1
D5
Estudo de casos/análise de situacións Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa
dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores
involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. Os resultados de aprendizaxe avaliados refírense á capacidad para o deseño de bases de datos, cartografía, así como para a xestión e redacción de metadatos.
40 A2
B2
C5
C6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno, segundo a
normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación.

A primeira leva a cabo
durante o cuadrimestre de docencia. No caso de que as semanas de docencia da materia
non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos previstos,
habilitarase a plataforma de docencia dúas semanas adicionais, ao final do
cuadrimestre, para facilitar a dita entrega, establecéndose neste caso un cronograma
alternativo de entrega de tarefas.

A segunda avaliación
realízase no mes de Xullo, para o que se habilitará de novo o acceso á
plataforma docente.

Na convocatoria extraordinaria de Xulio os criterios de avaliación serán os mesmos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000