Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Tecnoloxías SIG para o Inventario do Patrimonio Cultural
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión orientada a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado e as suas motivacións.
Presentación da materia e dos entornos nos que se desenvolverá o módulo, empregando
ferramentas de teleformación e telecomunicación.
Estudo de casos/análises de situacións Análise dun feito, fenómeno, suceso real no ámbito da xestión do patrimonio cultural introducindo á una proposta de proxecto de interpretación, mantendo as liñas dun protocolo inicial de traballo que acredite o progreso teórico-práctico do alumnado na materia. Proceso sustentado na plataforma de teleformación.
Metodoloxías integradas Ensino baseado en proxectos de aprendizaxe: Método no que os estudantes levan a cabo a realización dun proxecto nun tempo determinado para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, deseño e realización dunha serie de actividades.
Estudos/actividades previos Procura, lectura e traballo de documentación, propostas de resolución de problemas e/ou exercicios que se realizarán na aula e/ou laboratorio… de forma autónoma por parte do alumnado.
Prácticas autónomas a través de TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense a través das TIC de maneira autónoma.
Outros Actividades que inclúen probas de tipo test (probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta) e tarefas guiadas como debates ou titorías.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000