Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Catalogación e Risco
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos e proxectos Realización de diversos exercicios na plataforma moodle e entrega dun traballo escrito relacionado co inventario e catalogación de bens culturais, tomando un caso concreto e presentando unha análise teórica e un resultado práctico a partir do mesmo. Presentación oral na aula virtual dunha parte deste traballo.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Capacitar ao alumnado para elaborar catálogos e cartas de risco para un conxunto patrimonial pechado, empregando as tecnoloxías á súa disposición e considerando a necesidade de difundir esa información.
70 A2
A3
A4
B1
C4
D1
D3
D4
D6
Observación sistemática Participación activa a través de medios telemáticos na plataforma Moodle, especialmente en relación cos temas de debate propostos.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Capacitar ao alumnado para elaborar catálogos e cartas de risco para un conxunto patrimonial pechado, empregando as tecnoloxías á súa disposición e considerando a necesidade de difundir esa información.
30 A3
A4
B1
C4
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno ten dereito a unha avaliación continua, ademais dunha data de convocatoria oficial ordinaria e outra extraordinaria.

A avaliación continua é o cauce proposto para a finalización da materia no prazo mínimo posible, que se corresponde co mes aproximado de duración da materia. Neste procedemento de avaliación continua o alumnado deberá cubrir unha serie de pequenos exercicios, traballos, participación na plataforma Moodle, etc. A avaliación continua implica asistencia e participación nas actividades presenciais. Neste prazo dun mes o profesorado estará a plena disposición do alumnado en todo momento, dentro dun horario laboral normal, cuns prazos de resposta moi curtos.

Os procedementos de avaliación ordinaria e extraordinaria están pensados para o alumnado que non poida rematar a materia no tempo pensado, por problemas de rendemento académico, por problemas de tempo ou por falta de presencialidade. Habilitaranse uns periodos de entrega e avaliación adicionais en torno a Xaneiro (ordinario) e Xullo (extraordinario). Neses prazos o alumnado deberá realizar e entregar outros exercicios e traballos, diferentes ós previstos para a avaliación continua (pero que cubrirán as mesmas competencias) e que serán explicados con detalle na plataforma Moodle. Este procedemento ordinario e extraordinario non implica un seguemento exhaustivo do alumno por parte do profesorado: poderán solicitarse titorías para cuestións concretas, pero o profesorado non poderá estar a plena disposición da mesma maneira nin no mesmo horario que no prazo de avaliación continua.

Máis información na plataforma Moodle da materia "Catalogación e Risco".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000