Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Presentaranse ficha da materia, obxectivos, calendario, criterios de avaliación, así como foros de debate e noticias e demais contornas nos cales se desenvolverá a aprendizaxe. |
Eventos docentes e/ou divulgativos |
Conferencias, mesas redondas e debates conducidos e moderados por investigadores experimentados no tema a tratar, que permiten profundar e completar os contidos da materia. |
Estudo de casos/análises de situacións |
Análise de problemas ou casos reais, coa finalidade de coñecelos, interpretalos, resolvelos, xerar hipótese, diagnosticalos e penetrarse en procedementos alternativos de solución, para ver a aplicación dos conceptos teóricos na realidade. Empregaranse como complemento das clases teóricas para o autoaprendizaxe. |