Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Novos Modos de Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Observación sistemática Control e seguimento continuo do progreso do alumnado na materia, baseados en criterios de uso eficiente das TICs e de intervención no entorno virtual.
Avaliación do resultado de aprendizaxe: Coñecemento dos diversos modelos de xestión patrimonial
30 A3
C8
Traballos e proxectos O alumnado realiza e presenta un proxecto de interpretación do patrimonio cultural no contexto da sua xestión (análise e comentario, individual e colaborativo) utilizando ferramentas de entrega remota na data indicada.
Avaliación do resultado de aprendizaxe: Aplicación do coñecemento dos diversos modelos de xestión patrimonial no deseño de esquemas semellantes na intervención sobre conxuntos patrimoniais novos
50 A2
C8
D2
Outras Comunicación (titoría personalizada) e participación activa nas actividades da materia través de medios telemáticos.
Avaliación dos resultados de aprendizaxe: Coñecemento dos modelos de xestión patrimonial e aplicación do coñecemento de diversos modelos de xestión patrimonial no deseño de esquemas semellantes na intervención sobre conxuntos patrimoniais novos
20 A3
B1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno, segundo a
normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación.

A primeira leva a cabo
durante o cuadrimestre de docencia. No caso de que as semanas de docencia da materia
non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos previstos,
habilitarase a plataforma de docencia dúas semanas adicionais, ao final do
cuadrimestre, para facilitar a dita entrega, establecéndose neste caso un cronograma
alternativo de entrega de tarefas.

A segunda avaliación
realízase no mes de Xullo, para o que se habilitará de novo o acceso á
plataforma docente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000