Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Protección Xurídica do Patrimonio Cultural
   Recomendacións

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Concepto e Categorías do Patrimonio Cultural/O02M143V01101
Novos Modos de Xestión e Protección do Patrimonio Cultural/O02M143V01105
Valor e Significado do Patrimonio Cultural/O02M143V01102

 
Outros comentarios
Para a culminación exitosa da materia é recomendable o seguimento do cronograma que estará accesible ao comezo do Máster, o cal facilitará a debida realización das actividades planificadas pola docente. As lecturas obrigatorias da materia están dispoñibles na plataforma Faitic en http://faitic.uvigo.es. Non se avaliará ningunha actividade nin traballo presentado fóra de prazo. É recomendable formular calquera dúbida á docente da materia para poder emendala o máis axiña posible. A avaliación da convocatoria ordinaria e a segunda convocatoria realizarase de igual modo. A docencia da materia leva a cabo utilizando a plataforma docente Moodle e, de maneira presencial, participando nas actividades docentes a través de videoconferencia ou a través de ferramentas multivideoconferencia (como Adobe Connect). Para poder recibir a docencia de maneira efectiva, recoméndase, previamente ao comezo da materia, consultar o manual de acceso á plataforma e seguir as especificacións técnicas para poder asistir ás sesións remotas. Esta información está dispoñible no espazo común do máster". É imprescindible que o alumno acceda á plataforma docente da materia previamente ao comezo da mesma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000