Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Concepto e Categorías do Patrimonio Cultural
   Competencias
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B1 Adquirir a capacidade para diferenciar e valorar as diversas expresións do Patrimonio Cultural, coñecer as ferramentas para a súa cuantificación e protección, así como as diferentes perspectivas que abordan a súa xestión.
C8 Entender os valores multifactoriais do Patrimonio cultural, e valorarlo adecuadamente conforme a criterios de uso social.
D4 Concebir a protección do Patrimonio cultural nun marco de desenvolvemento sostible.
D5 Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000