Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias
Máster Universitario en Nutrición
 Materias
  Tecnoloxía Culinaria e Alimentaria
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== MODALIDADE SEMIPRESENCIAL===
As tarefas propostas serán levadas a cabo en modo presencial ou ben utilizando as ferramentas do Campus Remoto da Universidade de Vigo para as actividades descritas na guía docente (actividades introductorias, prácticas con apoio das TIC e resolución de problemas). As titorías presencias poderán sustituirse por sesións de titorización realizadas por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de MOOVI, ...) baixo a modalidade de concertación previa.

=== MODALIDADE NON PRESENCIAL===
En caso dun escenario de confinamento a docencia impartirase na súa totalidade na modalidade online, de maneira síncrona mediante o emprego das ferramentas do Campus Remoto da Universidade de Vigo e/ou de outras ferramentas que a Universidade de Vigo poña a disposición do profesorado e do alumnado para a realización das tarefas propostas (actividades introductorias, prácticas con apoio das TIC e resolución de problemas). As titorías presencias sustituiranse por sesións de titorización realizadas por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de MOOVI, ...) baixo a modalidade de concertación previa.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non procede ningún cambio.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000