Guia docente 2015_16
Facultad de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Modelos matemáticos aplicados
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Primeira sesión (1 hora): Tema 1 -> 2.5 puntos
RA1, RA2

Segunda sesión (1 hora): Temas 2 e 3 -> 2.5 puntos
RA3, RA4, RA5, RA6

Terceira sesión (1 hora): Tema 4 -> 2 puntos
RA7, RA8

Cuarta sesión (1 hora): Temas 5 , 6 e 7 -> 3 puntos
RA9, RA10
100 C2
C5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Avaliación continua

Considerarase que un
alumno optou por avaliación continua cando, tras presentarse
á primeira sesión de avaliación continua, entregue ao
profesor a folla de inscrición neste tipo de avaliación.
Unha vez expresado por escrito o seu desexo de participar, non
poderá cambiar a opción de avaliación. A avaliación continua consta de catro
sesións que figuran nesta guía. As
sesións non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode
presentarse para realizalas no día estipulado polo profesor, este non
ten obrigación de repetirllas. Antes da realización de cada
sesión indicarase a data e procedemento de revisión das
cualificacións obtidas que serán públicas nun prazo razoable de tempo
(polo xeral unha semana).

A nota final dun alumno que faga avaliación continua obterase mediante a suma das puntuacións obtidas en cada parcial. Nesta modalidade, un alumno estará aprobado cando a súa nota final sexa maior ou igual que 5. Esta sería a cualificación obtida en primeira convocatoria ordinaria.

A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

2. Avaliación ao final do cuadrimestre

Aqueles alumnos que
non poden asistir ás clases, non poden optar a avaliación
continua. Teñen dereito a outro tipo de avaliación que, nesta materia, é un
exame final sobre todos os temas da
materia. Este sería o caso dos
alumnos que teñan
responsabilidades laborais correctamente xustificadas.

O exame será
avaliado entre 0 e 10 puntos e un alumno estará aprobado cando a nota
do seu exame sexa maior ou igual que 5. Este exame
terá unha duración máxima de tres horas.

Segundo o aprobado na Xunta de Facultade, a data de avaliación da convocatoria de Fin de Carreira é o 28 de Setembro de 2015 ás 16:00 horas. A data de avaliación na primeira convocatoria ordinaria é o 26 de Outubro de 2015 ás 16:00 horas.

3. Recuperación no mes de xullo

O exame de recuperación será sobre todos os
contidos da materia e será puntuado entre 0 e 10. Este exame
terá unha duración máxima de tres horas. Un alumno estará aprobado cando
a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5.

A convocatoria de xullo é a segunda convocatoria ordinaria. É dicir, os alumnos teñen dúas
oportunidades para superar a materia e as dúas estarían
dentro de una mesma convocatioria.

Segundo o aprobado na Xunta de Facultade, a data de avaliación da segunda convocatoria ordinaria é o 6 de Xullo de 2016 ás 16:00 horas.

4. Nota de Non Presentado

Un
alumno considerarase non presentado se, como máximo, participou na primeira
sesión de avaliación continua. En calquera outro caso, o
alumno considerarase presentado e recibirá a súa nota correspondente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000