Guia docente 2015_16
Facultad de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Ampliación de bromatoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral A comprensión e interiorización dos contidos da materia avaliarase ao longo de todo o cuadrimestre mediante cuestionarios tipo test que o alumno deberá resolver e superar ao final de cada tema.
Os cuestionarios suporán un 5% da nota final da materia.
Resultados de aprendizaxe: R1, R2 e R3.
5 B13
Seminarios Os seminarios serán avaliados mediante a resolución de cuestionarios e boletíns de problemas prácticos que se exporán ao finalizar cada tema e que o alumno entregará no tempo establecido polo profesorado.
A resolución dos cuestionarios/boletíns, a asistencia aos seminarios e a participación nos mesmos suporá ata un 15% da nota final.
Resultados de aprendizaxe: R1
15 B1
B2
B3
B11
B13
C4
C13
C17
Traballos tutelados A avaliación deste ítem englobará a participación activa de cada membro do equipo no desenvolvemento e elaboración do traballo, o contido do mesmo, a súa presentación e exposición oral.
A elaboración do traballo tutelado suporá ata un 20% da nota final.
Resultados de aprendizaxe: R2 y R3.
20 B1
B2
B3
B6
B7
B8
B11
C4
C13
C17
Prácticas de laboratorio Para superar a materia é obrigatoria a realización de todas as prácticas, a elaboración e entrega no tempo establecido dunha memoria de prácticas e ter como mínimo 4,5 puntos sobre 10 no exame de prácticas que se realizará á finalización das mesmas. Na avaliación deste ítem tamén se terá en conta a actitude e participación do alumno no laboratorio.
As prácticas de laboratorio suporán un 20% da nota final.
Resultados de aprendizaxe: R3
20 B2
B3
B6
B7
B8
C17
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Tratarase dun exame composto por preguntas longas e exercicios prácticos a resolver.
Para poder superar a materia é necesario alcanzar 4,5 puntos sobre 10 nesta proba.
A realización do exame final representará un 40% da nota final da materia.
Resultados de aprendizaxe: R1, R2 e R3.
40 B1
B2
B3
B6
B13
C4
C13
C17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No caso de que os alumnos xustifiquen adecuadante a non presencialidade nas sesións maxistrais e seminarios, a avaliación será a mesma exceptuando a cualificación no ítem "sesión maxistral", o cal non se tería en conta na nota global. Nestes casos as "probas de resposta longa, de desenvolvemento" suporán un 45% da nota final.

No caso de non superar o exame de prácticas e/ou o exame do temario na convocatoria ordinaria, conservaranse as cualificacións obtidas nos traballos tutelados e nas prácticas de laboratorio, no caso de superalas, para a segunda convocatoria.

Os exámenes terán lugar o 25 de maio as 16:00 h (1ª edición) e o 14 de xullo as 10:00 h (2ª edición).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000