Educational guide 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Introdución á enfermaría avanzada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Instrucción programada IP1. MAXILOFACIAL E MEDICIÑA NUCLEAR/RADIOTERAPIA. Exame dos contidos desenvolvidos nas clases maxistrais, , estudo de casos e resolución de problemas, do bloque temático. Nota mínima a alcanzar 4/10. 24 A3
B1
B2
B3
B7
B17
C8
C9
C18
C49
D2
D4
Instrucción programada IP2. RX INTERVENCIONISTA.
Exame dos contidos desenvolvidos nas clases maxistrais, estudo de casos, resolución de problemas e talleres, do bloque temático. Nota mínima a alcanzar 4/10.
25 A3
B1
B2
B3
B7
B17
C8
C9
C18
C49
D2
D4
Instrucción programada IP3. CIRURXÍA PLÁSTICA - QUEIMADOS.
Exame dos contidos desenvolvidos nas clases maxistrais, estudo de casos e resolución de problemas do bloque temático. Nota mínima a alcanzar 4/10.
17 A3
B1
B2
B3
B7
B17
C8
C9
C18
C49
D2
D4
Instrucción programada IP4. CARDÍACA / HEMODINAMIA. Exame dos contidos desenvolvidos nas clases maxistrais, estudo de casos, resolución de problemas e taller de cada bloque temático. Nota mínima a alcanzar 4/10. 34 A3
B1
B2
B3
B7
B17
C8
C9
C18
C49
D2
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan as opcións de avaliación (CONTINUA Ou GLOBAL), para que opten pola que máis se axuste ás súas necesidades.


A súa elección será comunicada ao centro, segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web.

Avaliación Continua (AC):

O 20 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (achegando xustificante pertinente).

A cualificación da AC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula, segundo a distribución descrita.

As datas serán comunicadas ao estudiantado a través de MOOVI ao comezo da actividade docente. 

Deberase acadar unha nota mínima de 4/10 en cada bloque. En caso de non acadar dita cualificación, o estudante perderá a AC e pasará a realizar a proba de avaliación global para aprobar a materia.

Avaliación global (AG):

Aqueles estudantes que rexeiten ou perdan a avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final que suporá o 100% da cualificación da materia.
A exame será tipo test, de entre 80 -100 preguntas, con 4 opcións de resposta; cada resposta errónea restará 0.25 do total de respostas correctas.

Para superar a materia deberase acadar unha nota mínima de 5/10.&

A exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23.

2ª OPORTUNIDADE:

O non superar a materia en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade optarase por avaliación global.

MATRÍCULA DE HONRA:

Para otorgar unha Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión.

Compromiso ético:
Espérase que o estudantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0), segundo normativa vixente da UVigo. Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000