Guia docente 2024_25
Escuela Universitaria de Enfermería Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Prácticas clínicas V
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticum, Practicas externas e clínicas Avaliación continua por parte do titor/a correspondente para identificar necesidades particulares do/a estudante (20%) e do equipo/profesionais do servizo (65%), valorando a adquisición das competencias asignadas, seguindo o modelo establecido que se estrutura en: coñecementos teórico-prácticos, actitudes, habilidades e cumprimento das normas. 85 A4
B1
B2
B3
B6
B7
B10
B15
B16
B17
C4
C8
C10
C11
C12
C13
C17
C18
C29
C31
C33
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
Cartafol/dossier O estudante presentará ao finalizar o período correspondiente o cartafol (3, un mensual), no que se inclúe o cumprimiento de obxetivos, relación co equipo profesional, co paciente e familia, así como unha valoración global de su estadía.
Reflexará a súa percepción sobre o grao de dificultade das intervencións realizadas.
15 A4
D1
D2
D3
D4
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Rotatorio de 12 semanas (aprox.) de prácticas titorizadas, segundo turnicidade do/a profesional de referencia, no servizo elexido polo estudante segundo expediente académico. 

Calquera necesidade individual deberá tramitarse co titor/a académico/a, coa maior antelación posible (mínimo, 1 mes antes do inicio do período).

En unidades de hospitalización/centros sociosanitarios, realizaranse 3 Plans de Atención de Enfermaría, que se avaliarán como un ítem máis, dentro da rúbrica establecida. A súa entrega é obrigatoria, debendo alcanzar unha cualificación mínima de 4/10. 

Realizarase unha proba escrita, para a avaliación dos contidos teóricos en servizos concretos, cuia calificación se inclúe no apartado de coñecementos teóricos.

É de entrega obrigatoria, o portafolio/dossier e o rexistro de control de presencialidad nas unidades, de forma mensual. O incumprimento da devandita entrega, nalgunha das rotacións, suporá unha penalización de 2 puntos sobre a cualificación da materia. 

As faltas de asistencia non xustificadas, implicarán un suspenso e a interrupción inmediata do período, mentres que si son faltas xustificadas permitiranse un máximo de 8, que serán de recuperación obrigatoria no período establecido para tal fin polo responsable da materia. A ausencia de máis de 8 días, conlevará a repetición completa do período. (Estas directrices, detállanse na normativa de prácticas facilitada aos estudantes e publicada en MOOVI).

Para discernir as Matrículas de honra, en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilizarase como criterio de asignación, o expediente académico na data en cuestión.

IMPORTANTE: Toda a información vencellada as  PC  V será divulgada a través de MOOVI.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000