Prácticum, Practicas externas e clínicas |
Avaliación continua por parte do titor/a correspondente para identificar necesidades particulares do estudante (20%) e do equipo / profesionais do servizo (70%), valorando a adquisición das competencias asignadas, seguindo o modelo establecido, que se estrutura en: coñecementos teórico/prácticos, actitudes, habilidades e cumprimento das normas. |
90 |
|
B3 B6 B11 B13 B15
|
C4 C11 C12 C17 C18 C29 C31 C33
|
D5 D6
|
Cartafol/dossier |
O estudante presentará ao finalizar o período correspondente o portafolios, no que se inclúe o cumprimento de obxectivos, relación co equipo profesional, con paciente e familia, así como unha valoración global da súa estancia.
Reflectirá a súa percepción sobre o grao de dificultade das intervencións realizadas. |
10 |
|
|
C4 C8 C11 C12 C17 C31 C33 C49
|
|
As prácticas clínicas II están vinculados a dous períodos, de 4 semanas, en hospitalización/centro sociosanitario e bloque cirúrxico. É necesario alcanzar unha cualificación mínima de catro puntos sobre dez en cada unha das avaliacións para poder optar ao aprobado. En unidades de hospitalización, realizaranse 2 Plans de Atención de Enfermería, que se avalían dentro do 20% correspondente ao titor (10% PAES). No caso de que o /a estudante non entregue en tempo e forma o cartafol e a memoria de prácticas, (un por período), repercutirá negativamente na nota, restándose un 5% da cualificación do período correspondente, no caso de que non se cumpra co devandito requirimento. As faltas de asistencia non xustificadas supoñerán o suspenso e a interrupción inmediata do período, mentres que si son faltas xustificadas permitiranse un máximo de 4, que serán de recuperación obrigatoria no período establecido para tal fin polo responsable da materia. A ausencia de máis de 4 días, suporá a repetición completa do período en cuestión. (Detállase en normativa de prácticas facilitada aos estudantes). |