O primeiro día de clase os docentes expoñen a guía da materia, os horarios de titoría, os tipos de avaliación (CONTINUA E GLOBAL) para que o alumnado esté informado e poida optar a avaliación continua ou global segundo as súas necesidades. A súa elección será comunicada ao centro segundo a metodoloxía establecida para iso que será publicada na web da escola. AVALIACIÓN CONTINUA (AC): O 20% das faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC. Serán faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, ingreso hospitalario e enfermidade/baixa médica (achegando xustificantepertinente). A cualificaciónda AC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula: traballo tutelado (15%), estudo de casos (30%), seminario (15%) e o exame de preguntas obxectivas (40%). O exame consta de preguntas tipo test con 4 opcións de resposta única, cada
erro resta 0.25 das correctas. Deberase alcanzar unha nota mínima de 4/10 en
cada metodoloxía para computar a avaliación continua, excepto no exame que será
dun 5/10. En caso de non alcanzarse ditas cualificacións o estudante perderá a AC. Aqueles estudantes que non sigan ou perdesen a AC, serán cualificados mediante avaliación global.
AVALIACIÓN GLOBAL (AG): Realizarase un exame global que supón o 100 % de cualificación da materia. Exame tipo test de 80 preguntas, con 4 opcións de resposta. Cada resposta errónea, resta 0.25 do valor das correctas. Para superar a materia deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10. O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23. 2ª OPORTUNIDADE: O non superar a materia en calquera das dúas modalidades (AC/ AG) en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade, optarase por avaliación global.
MATRÍCULA DE HONRA: Para discernir a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión. COMPROMISO ÉTICO: Espérase que o estudantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos
non autorizados etc.)/ etc.), considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0), segundo normativa vixente da UVigo. Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. Exame global (40% EC e 100% EG. 80 preguntas) 40 preguntas pediatría (20 preguntas Carla Cid, 20 preguntas Irene Garay ) 20 preguntas materno (Cid González, Carla) 20 preguntas materno (Garay Martínez, Irene) Exame primeira oportunidade: 13/01/2025 ás 16:00h Exame segunda oportunidade: 25/06/2025 ás 12:00h |