O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da asignatura e os horarios de titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA OU GLOBAL). A elección individual do estudantado será comunicada ao centro, segundo a metodoloxía establecida para elo e publicada na web. AVALIACIÓN CONTINUA (AC):O 20% de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito de AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza de órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (adxuntando xustificante pertinente). A calificación da avaliación continua obterase mediante a suma de: AP.C+O+EC+EX . Será necesario acadar mínimo un catro sobre dez en cada unha das metodoloxías que integran a asignatura, de carácter obrigatorio todas elas. AP.C: OUTUBRO-NOVEMBRO. O: Obradoiro: OUTUBRO-DECEMBRO. EX: 40 PREGUNTAS TEST (XANEIRO). A data do exame coincidirá coa establecida no calendario oficial de exames (AULAS 21 e 23). Data compartida coa modalidade de avaliación global. Aqueles estudantes que non poidan seguir a avaliación continua, ou renunciaran a ela, serán avaliados mediante unha proba final que suporá o 100% da calificación da asignatura (Avaliación global). IMPORTANTE: Toda a información necesaria para o desenvolvemento das distintas probas que compoñene a AC será divulgada en tempo e forma a través de MOOVI. AVALIACIÓN GLOBAL (AG): Realizarase un examen global que suporá o 100% da calificación da materia. O exame será tipo test (80-100 preguntas) con catro opcións de resposta (cada resposta incorrecta restará 0,25) que incluirá a resolución de casos prácticos/clínicos. Para superar a materia deberá alcanzarse una nota mínima de 5/10. IMPORTANTE: Toda a información necesaria para o desenvolvemento da proba de avaliación global será divulgada en tempo e forma a través de MOOVI. 2ª OPORTUNIDADE: De non superar a asignatura en calquera das dúas modalidades na 1ª oportunidade, implicará que a 2ª oportunidade se optará pola avaliación global. MATRÍCULAS DE HONRA: Para discernir a matrícula de honra en caso de idéntica calificación entre varios estudantes, utilizarase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión. COMPROMISO ÉTICO: Espérase que o estudantado presente un comportamento ético axeitado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados...). considerarase que o estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a calificación final en primeira oportunidade, sera de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. |