O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA Ou GLOBAL), para que opten pola que máis se axuste ás súas necesidades.
Presuponse a avaliación global, o seu rexeitamento supón a opción de avaliación final, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web. Avaliación Continua (AC):
O 20 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á EC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (anexando xustificante pertinente).
A cualificación da EC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula: TRABALLO TUTELADO (35%), INSTRUCIÓN PROGRAMADA (15%), METODOLOXÍAS BASEADAS EN INVESTIGACIÓN (10 %) e EXAME (40%). O exame terá, 50 preguntas tipo test con 4 opcións de resposta única, cada erro resta 0.25 das correctas.
Deberase acadar unha nota mínima de 4/10 en cada metodoloxía para computar a avaliación continua, excepto no exame que será dun 5/10. En caso de non acadarse ditas cualificacións o estudante perderá a AC.
Aqueles estudantes que non sigan ou perdesen a AC, serán cualificados mediante avaliación global. Avaliación global (AG): Realizarase un exame global que supón o 100 % de cualificación da materia.
Exame tipo test de 80 preguntas, con 4 opcións de resposta. Cada resposta errónea, resta 0.25 do valor das correctas.
Para superar a materia deberase acadar unha nota mínima de 5/10.
O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23. 2ª OPORTUNIDADE: O non superar a materia en calquera das dúas modalidades en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade, optarase por avaliación global. MATRÍCULA DE HONRA:
Para discernir a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión. Compromiso ético: Espérase que o estudantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados etc.)/ etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. |