Educational guide 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría comunitaria II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución
Traballo tutelado O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, consistente nun proxecto de educación para a saúde no ámbito comunitario.
Realizarase en grupo, baixo titorización da profesora responsable.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia
Metodoloxías baseadas en investigación Actividade orientada a mellorar a capacitación para o procesamiento da información en dominios específicos recorrendo a actividades de investigación científica. CURSO UVIGO: INFORMATE COA BIBLIO
Instrucción programada Presentación dunha materia dividida en varias unidades didácticas, de menor tamaño, con cuestións ao finalizar o bloque temático.
Seminario Actividade enfocada ao traballo sobre un tema específico, que permite afondar ou complementar os contidos da materia. Pódese empregar como complemento das clases teóricas. Xestión de casos, axuda non gubernamental, realización de presentacións, comunicación e entrevista clínica, elaboración de CV e carta de presentación, axuda non gubernamental, enfermaría do traballo, de centros penitenciarios, militar, familiar e comunitaria....
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000