O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA Ou GLOBAL), para que opten pola que máis se axuste ás súas necesidades. Presuponse a avaliación global, o seu rexeitamento e opción de avaliación final, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web. Avaliación Continua (AC): O 10 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á EC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (achegando xustificante pertinente). A cualificación da AC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula: TRABALLO TUTELADO (35%), INSTRUCIÓN PROGRAMADA (15%), METODOLOXÍAS BASEADAS EN INVESTIGACIÓN (10 %) e EXAME (40%). Preguntas tipo test con 4 opcións de resposta única, cada erro resta 0.25 das correctas.
Deberase alcanzar unha nota mínima de 4/10 en cada metodoloxía para computar a avaliación continua, excepto no exame que será dun 5/10. En caso de non alcanzarse ditas cualificacións o estudante perderá a EC. Aqueles estudantes que non sigan ou perdesen a EC, serán cualificados mediante avaliación global. Avaliación global: Realizarase un exame global que supón o 100 % de cualificación da materia.
Exame tipo test de 100 preguntas, con 4 opcións de resposta. Cada resposta errónea, resta 0.25 do valor das correctas. Para superar a materia deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10.
O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23. 2ª OPORTUNIDADE:
O non superar a materia en calquera das dúas modalidades en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade, optarase por avaliación global. Compromiso ético:
Espérase que o estudantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados etc.)/ etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. |