Guia docente 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría Meixoeiro
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Nas clases teórico-prácticas, realizaranse probas para determinar o grado de coñecemento, a través de exercicios individuais e de elaboracións grupais de plans de coidados.
As horas de obradoiro dividiranse en 4 clases, puntuándose de forma independente, cunha puntuación máxima de 0.75 puntos cada unha delas.
É imprescindible a asistencia as mesmas para que poidan ser evaluadas.
Salvo motivos de forza maior, a asistencia a estes obradoiros é obrigatoria, e non pode ser sustituída por ningunha outra actividade.
30 A1
A2
A3
A5
C29
C30
C33
D1
D2
D3
D4
D5
D7
D8
D9
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita de preguntas tipo test e preguntas curtas dos catro primeiros temas.
As preguntas tipo test terán 4 respuestas posibles, sendo correcta únicamente unha delas.
Cada resposta correcta ás preguntas de tipo test sumará 1 punto.
Cada resposta incorrecta restará 0.33 puntos, de forma que tres respostas incorrectas suporán a perda dun punto da calificación total da proba.
As preguntas curtas, terán a puntuación de 1 punto por cada resposta correcta.
As respostas incompletas xerarán puntuación de forma proporcional.
As respostas incorrectas non restarán puntuación.
35 A1
A5
C28
D1
D3
D4
D7
D8
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita de preguntas tipo test e preguntas curtas dos catro últimos temas.
As preguntas tipo test terán 4 respuestas posibles, sendo correcta únicamente unha delas.
Cada resposta correcta ás preguntas de tipo test sumará 1 punto.
Cada resposta incorrecta restará 0.33 puntos, de forma que tres respostas incorrectas suporán a perda dun punto da calificación total da proba.
As preguntas curtas, terán a puntuación de 1 punto por cada resposta correcta.
As respostas incompletas xerarán puntuación de forma proporcional.
As respostas incorrectas non restarán puntuación.
35 A1
A5
C28
D1
D3
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • AVALIACIÓN CONTINUA:  Tanto os exames como a asistencia aos talleres xerarán cualificación, sendo a ponderación dos exames o 35%, cada un deles, e a dos obradoiros o 30% da nota final. 
  • No caso de optar por esta modalidade de avaliación, a no participación nos obradoiros conlevará a perda da nota que xeren estes. 

    Para que as calificacións obtidas nos distintos ítems poidan ponderar, cómpre ter acadado, como mínimo, a metade da nota posible, tanto nos obradoiros (15%), coma en cada un dos exames (18 % cada un).
    No caso de aprobar un dos dous exames, só será necesario realizar o non aprobado na convocatoria de xullo.

  • AVALIACIÓN NON CONTINUA/GLOBAL: O alumnado realizará, a maiores dos exames mencionados, una proba accesoria a determinar, cun valor ponderal do 30% que, SUMADO AOS EXAMES PRINCIPAIS, PONDERARÁN EN TOTAL O 100 %. 
  • Para superar esta proba, é necesario que a puntuación en cada un dos exames ordinarios sexa de 18, actuando o examen accesorio como puntos extra e acadar en total, como mínimo, os 50 puntos. 

    Se o alumnado decide elixir a modalidade de AVALIACIÓN GLOBAL deberá solicitalo explicitamente ao coordinador-a da asignatura, a través do formulario pertinente no prazo estipulado.


    SE CONSIDERA COMO OPCIÓN POR DEFECTO A MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA. O ALUMNADO QUE DESEXE OPTAR POLA OPCIÓN DE AVALIACIÓN NON CONTÍNUA DEBERÁ MANIFESTALO, POR ESCRITO, E DENTRO DO PRAZO ESTIPULADO POLA NORMATIVA DA ESCOLA, Á PROFESORA RESPONSABLE DA MATERIA.


  • SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULIO): 
    • 1. AVALIACIÓN CONTINUA : O alumnado deberá realizar a(s) proba(s) de exame non superada(s) na primeira oportunidade  As calificacións dos obradoiros e do exame superado na primeira oportunidade conservaranse nesta convocatoria, PERO NUNCA  PODERÁN GARDARSE DUN CURSO PARA OUTRO. 
    • 2. AVALIACIÓN NON CONTINUA/GLOBAL :Deberá superar o(s) examen(s) (ordinario e/ou accesorio) que non foran superados na primeira oportunidade. 
    Perseguirase o plaxio nos traballos e o u so inxustificado de programas de inteligencia artificial.
Máis información de cómo se leva a cabo a cualificación da materia, do contido do exame, dos tipos de preguntas e da súa ponderación na plataforma MOOVI.  A información relativa a la fecha del examen, hora e lugar atópasea na seguinte dirección web: http://direcceuemeixoeiro.webs.uvigo.es/calendario-de-evaluacion/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000