- Realizarase unha Avaliación Continua do traballo do alumnado nas
prácticas ao longo das sesións de laboratorio establecidas no
cuatrimestre, sendo a asistencia as mesmas de carácter obrigatorio. No
caso de non superala, realizarase un exame de practicas na segunda
convocatoria. - A avaliación das prácticas para o alumnado que
renuncie oficialmente a Avaliación Continua, realizarase nun exame de
prácticas nas dúas convocatorias. Poderanse esixir requisitos previos á
realización de cada práctica no laboratorio, de xeito que limiten a
máxima cualificación a obter. - Deberanse
superar todas as probas (escritas e prácticas) para aprobar a materia,
obténdose a nota total segundo a porcentaxe indicada máis arriba. - Nos exames, poderase establecer unha puntuación mínima nun conxunto de cuestións, como condición indispensable para superalos. -
Na segunda oportunidade de avaliación, o alumnado terá que examinarse de novo de todas as
probas (escrita e/ou prácticas), salvo da avaliación continua e do proxecto, se estes xa foron superados na primeira oportunidade. Nesta segunda oportunidade, haberá un único exame escrito (en lugar de dous) cunha cualificación do 80%. - Segundo a
Normativa de Avaliación Continua, os alumnos suxeitos a Avaliación
Continua que se presenten a algunha actividade avaliable recolleita na
Guía Docente da materiaserán considerados como "presentados". -
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético
adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia,
plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e
outros), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios
para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente
curso académico será de suspenso (0.0). -Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo
electrónico durante as probas de avaliación salvo
autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo
electrónico non autorizado na aula de exame será considerado
motivo de non superación da materia no presente curso
académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). -Poderase avaliar conxuntamente os apartados de Prácticas de laboratorio e proxectos. |