Aqueles alumnos que decidan non seguir a avaliación continua, serán avaliados mediante un exame único sobre os contidos da materia que suporá o 100% da nota. Na convocatoria de segunda oportunidade (extraordinaria de xullo) rexerá a mesma metodoloxía que en primeira oportunidade, realizándose unha nova proba deavaliación final para o alumnado que houbese decidido ser avaliado por continua e un novo exame final para o itinerario seguindo a avaliación global. Na modalidade de avaliación continua, polo tanto, gárdase a nota das probas parciaise de prácticas. AVALIACIÓN MATEMÁTICAS: A avaliación consistirá en asistencia a clases (10%), 2 traballos en SAGE
(20% e 30% respectivamente) e examen final (40%). Os alumnos que renuncien á avaliación continua terán a nota do exame final
(100%). Nas seguintes convocatorias terán a nota do exame final correspondente
(100%). A nota final da asignatura será a media aritmética das dúas partes: unha correspondente a Matemáticas e outra a Mecánica de Fluidos. En ambas partes esixirase unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10 para aprobar a asignatura. Profesor responsable de grupo: Grupo A1: Mª Carmen Somoza López/Ignacio Javier Román Espiñeira Grupo A2:Alberto Castejón Lafuente/ Ignacio Javier Román Espiñeira Compromiso ético: "Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectarse un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados e outros), considerarase que o alumno non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a calificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0)" |