PCEO Grao en Enxeñaría Biomédica/Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OP
4
2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Costas Pérez, Lucía
Correo-e
lcostas@uvigo.es
Profesorado
Costas Pérez, Lucía
Poza González, Francisco
Web
Descrición xeral
Esta materia ten por obxectivo xeral que o alumnado adquira as competencias e habilidades necesarias para o deseño, análise, simulación, depuración, proba e mantemento de circuítos electrónicos dixitais baseados en microcontroladores e en dispositivos reconfigurables para aplicacións biomédicas.
O contido da materia fai énfase nos seguintes aspectos:
- Estudo da estrutura básica dun microprocesador e dun microcontrolador.
- Estudo da metodoloxía de deseño de sistemas dixitais baseados en microcontroladores para aplicacións biomédicas.
- Coñecemento e compresión dos procedementos de programación e depuración de programas informáticos para microcontroladores en aplicacións biomédicas.
- Coñecemento das características funcionais dos dispositivos reconfigurables (FPGA) e a súa aplicación en medicina.
- Coñecemento das técnicas de especificación de sistemas baseados en FPGA.
- Coñecemento do concepto System On Chip (SOC) e a súa aplicación en medicina.
- Coñecemento e comprensión das características diferenciais dun procesador dixital de sinal (DSP) e a súa aplicación en instrumentación biomédica.