Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
PCEO Grao en Enxeñaría Biomédica/Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Sistemas trifásicos e máquinas eléctricas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliarase a asistencia activa á clase, así como a realización dos exercicios propostos na clase en pequenos grupos de alumnos (3 ou 4). A esta parte asígnaselle un peso de dous puntos sobre dez (2/10). Para aprobar a materia é necesario obter un mínimo de 4 sobre 10 nesta parte. 20
Prácticas de laboratorio Avaliarase a asistencia activa ao Laboratorio de Máquinas Eléctricas, así como as memorias prácticas, que serán realizadas e presentadas por pequenos grupos de alumnos (3 ou 4). A esta parte asígnaselle un peso de dous puntos sobre dez (2/10). Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 nesta parte. 20
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase a asistencia activa á Aula de Informática, así como as memorias prácticas, que serán realizadas e presentadas por pequenos grupos de alumnos (3 ou 4). A esta parte asígnaselle un peso de dous puntos sobre dez (2/10). Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 nesta parte. 20
Exame de preguntas obxectivas Realizarase un exame final con todo o contido da materia, tanto teórico como de problemas, e os contidos vistos no laboratorio. Para aprobar a materia é necesario obter un mínimo de 3 puntos sobre 10 nesta parte. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<*p> Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000