Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería Industrial
PCEO Grao en Enxeñaría Biomédica/Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Mecánica de fluídos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe-servizo Avalíase mediante cuestionario sa satisfacción dos beneficiarios do servizo, ponderada coa calificación da dificultade técnica polo profesorado 0
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita que poderá constar de:
cuestións teóricas
cuestións prácticas
resolución de exercicios/problemas
tema a desenvolver
20
Práctica de laboratorio Realización práctica en Laboratorio.
Informe das actividades realizadas nas sesións de laboratorio, resultados da experimentación, etc.
5
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas escritas curtas, que poden ser de cuestións prácticas de laboratorio ou de conteptos de teoría. 15
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita que poderá constar de:
cuestións teóricas
cuestións prácticas
resolución de exercicios/problemas
tema a desenvolver
20
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita que poderá constar de:
cuestións teóricas
cuestións prácticas
resolución de exercicios/problemas
tema a desenvolver
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación por defecto será continua para todo o alumnado, agás para aquelas persoas que renuncien oficialmente a ela en tempo e forma. O/a estudante poderá decidir libremente a metodoloxía de avaliación (Global ou Continua) dentro do prazo e procedemento establecidos para iso pola escola ou o coordinador da materia, e en calquera caso de acordo coa normativa vixente. Deste xeito poderá concorrer nunha única proba coa avaliación do 100% da materia. Se o alumnado participa nalgunha das probas cualificables dentro da avaliación continua, considerarase como presentado á materia.


Modalidade Avaliación Continua:

No cálculo da cualificación final, consideraranse catro bloques de avaliación que consistirán e terán os seguintes pesos:
  • Prácticas de laboratorio, peso: 20%. Entrega de informes/cuestionarios e/ou realización doutras probas, de polo menos dúas prácticas experimentais/TIC ao longo do curso. A planificación das probas e das sesións de prácticas facilitaráselle ao alumnado ao principio do cuadrimestre.
  • Primeira proba parcial de avaliación continua, peso: 20%. Proba consistente en preguntas teóricas/prácticas, incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou desenvolvemento dun tema. Poderían incluír cuestionarios tipo test.
  • Segunda proba parcial de avaliación continua, peso: 20%. Proba consistente en preguntas teóricas/prácticas, incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou desenvolvemento dun tema. Poderían incluír cuestionarios tipo test.
  • Proba final de avaliación continua (reválida), peso: 40%. Proba consistente en preguntas teóricas/prácticas, incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou desenvolvemento dun tema. Poderían incluír cuestionarios tipo test.
A maiores, incluirase unha actividade avaliable voluntaria, empregando metodoloxía de Aprendizaxe por Servizo (ApS), que poderá supor unha cualificación extraordinaria (ata un 10%), en función da factibilidade das mesmas e dos resultados obtidos.

As probas parciais non eliminan materia, polo que na proba final (reválida) entra toda a materia. Para superar a materia non se esixe cualificación mínima de ningunha parte. En aras da transparencia na avaliación, e para simplificar a elección por parte do alumnado dunha metodoloxía de avaliación ou outra, nesta materia calcularase a nota final do curso a todo o alumnado, independentemente da modalidade de avaliación escollida, utilizando a seguinte fórmula:



Nota-Actas = máx {0.6 NC + 0.4 NF , NF + (1/30) NC (10 - NF)}


onde NC é a media ponderada das dúas probas de avaliación continua, as prácticas, e a actividade ApS (nun rango de 0 a 10) e NF é a nota de reválida (tamén sobre 10). Para superar a materia será necesario acadar un 5 sobre 10 na Nota-Actas.


Modalidade Avaliación Global:

Realizarase un exame final na data oficial aprobada na xunta da escola, cunha puntuación máxima do 100%.


Segunda oportunidade:

Na convocatoria de segunda oportunidade (extraordinaria de xullo), aplicarase a mesma metodoloxía que na primeira oportunidade, realizando unha nova proba de avaliación final para os estudantes que elixan a avaliación continua e un novo exame final para aqueles que sigan a avaliación global. Na modalidade de avaliación continua, polo tanto, consérvase a nota das probas parciais, das prácticas, e a actividade ApS se a realizaron. Non se gardará dun curso escolar a outro.


Calendario de exames:

Verificar/consultar actualizado na páxina web do centro.


Compromiso ético:

Espérase que o estudante presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, entre outros), considerarase que o estudante non cumpre cos requisitos necesarios para aprobar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, podería concluírse que o alumno non alcanzou as competencias necesarias. Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000