Prácticas de laboratorio |
Valorarase a participación activa en todas as clases e, cando cumpra, a entrega dos informes das prácticas e o seu contido segundo as pautas dadas antes da súa realización. A cualificación obtida será a mesma na 1ª e na 2ª oportunidade da convocatoria do curso. |
10 |
|
|
|
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Probas para a avaliación das competencias adquiridas na
materia, consistente na resolución por parte do alumno de problemas e/ou cuestións teóricas breves.
A duración das probas, así como o peso de cada cuestión, daranse a coñecer no momento de realización da mesma.
Faranse varias probas de avaliación continua para que ningunha supere o 40% nas datas/horarios aprobados polo Centro |
75 |
|
|
|
|
Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10.
O alumno que opte por avaliación global poderá presentarse ao exame final que terá un peso do 100% da nota. Nesta proba valoraranse as competencias do conxunto da materia.
A data e os lugares de realización dos exames de todas as convocatorias fixaraos o centro antes do inicio de curso e faraos públicos. Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). |