Traballo tutelado |
Dado que cada estudante participará na exposición do traballo do seu grupo e responderá a preguntas expostas tanto polo docente como polo resto dos alumnos doutros grupos, avaliarase tanto a calidade da memoria presentada como as competencias relativas ao traballo en grupo e á exposición/comunicación de ideas no ámbito da enxeñaría. |
10 |
|
|
|
|
Exame de preguntas obxectivas |
Exame parcial II: Consistirá nunha proba escrita (preguntas curtas, problemas e tipo test) que recolla os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso nas sesións teóricas.
Realizarase na data oficial do exame da primeira edición da acta fixada polo centro |
40 |
|
|
|
|
Sistema de avaliación continua: (sistema de avaliación por defecto). Constará de diferentes probas realizadas ao longo do cuadrimestre e unha proba final na data oficial. A porcentaxe de cada proba sobre a nota indícase na táboa anterior e aclararase a continuación: - 20% Prácticas de laboratorio (asistencia, participación e informes) cunha proba escrita ao final. Este exame poderá realizarse na semana reservada polo centro para a avaliación continua.
- 10% Traballo tutelado (a rúbrica de avaliación estará a disposición do alumnado).
- 30%* Exame parcial I dos contidos teóricos (realizarase durante unha sesión teórica, aproximadamente a mediados do cuadrimestre).
- 40%* Exame parcial II dos contidos teóricos no que se valorará a comprensión global da materia (realizarase na data oficial do exame da primeira edición da acta fixada polo centro).
* Para superar a materia, na primeira edición do certificado por avaliación continua, deberá acadarse un mínimo do 40% na nota de cada un dos exames teóricos (Exame Parcial I e Exame parcial II) e a suma de todas as notas ser polo menos 5 puntos sobre 10.
- Se non se acada o mínimo no Exame Parcial I, poderá ser avaliado polo sistema de avaliación global, manifestando por escrito a súa renuncia á avaliación continua.
- De non acadar o mínimo no Exame Parcial II, a materia considérase non superada, e a cualificación final da materia será a correspondente aos exames teóricos (non se considerará a nota de prácticas de laboratorio e traballos dirixidos).
Na segunda oportunidade, que se celebrará na data oficial fixada polo centro(exame para a 2ª edición da acta), o alumnado poderá ser avaliado, mediante unha proba escrita, sobre os contidos impartidos nas clases teóricas. A proba representará o 70% da nota, sendo necesario acadar un mínimo do 40% - Se non se alcanza o mínimo, a materia considérase non superada e a nota final só será a acadada no exame e non se sumará a nota de prácticas nin a do traballo tutelado.
- Se se alcanza o mínimo, sumarase a nota do traballo e das prácticas, debendo acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 para aprobar.
Sistema Global de Avaliación: en ambas oportunidades de avaliación, aqueles alumnos que decidan renunciar ao sistema de avaliación continua e opten polo sistema de avaliación global, serán avaliados mediante un exame escrito que recollerá todos os contidos da materia (impartidos tanto nas clases teóricas como nas prácticas). O exame realizarase na data oficial fixada polo centro, sendo necesario acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia. Na Convocatoria Extraordinaria de setembro só se terá en conta o sistema de avaliación global, exame escrito do 100% dos contidos. Comportamento ético: Prevese que o alumno presente un comportamento ético axeitado, prestando especial atención ao sinalado nos artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado da Universidade de Vigo (aprobado no claustro o 18 de abril de 2023). AVISO: En caso de discrepancias entre as diferentes versións lingüísticas da guía, prevalecerá o indicado na versión en castelán. |