Avaliación Continua. Para superar a materia por avaliación continua deben cumprirse os dous
seguintes requisitos: a) Asistir e realizar con aproveitamento as prácticas da materia
entregando aqueles traballos que se propoñan durante a súa realización.
A nota das prácticas terá un peso de 20% sobre o total. Cada alumno obterá unha nota por cada práctica. A nota de prácticas de
cada alumno obterase da media das notas de prácticas.
As sesións sen asistencia serán puntuadas cun cero. Se a asistencia ás
sesións de prácticas é inferior ao 75%, a nota das prácticas será cero. No caso de non superar as prácticas por Avaliación Continua, o alumno
realizará un exame de prácticas na convocatoria final. b) Dado que a materia está estruturada en 4 partes,
realizaranse 4 probas de igual peso (20%), unha por cada parte.
A nota das
tres partes terá un peso dun 80% sobre o total. Para superar a materia haberá que obter unha nota media de 5 sobre 10 no
global das partes, sen que en ningures póidase sacar unha nota inferior
a 4 sobre 10.
No caso de que en algures se obteña unha nota inferior ao 4, aínda que a
media sexa igual ou superior a 5, terá que recuperar a/s parte/s
nas convocatorias oficiais fixadas polo Centro. Notas adicionais sobre a avaliación: No caso de non superar a materia por avaliación continua, teranse que
recuperar aquelas partes non superadas nas probas das convocatorias
oficiais fixadas polo Centro. No caso de optar pola renuncia á Avaliación Continua, o alumno terá que
facer unha proba de coñecemento relativa ás prácticas (20%) e outra
proba relativa ás tres partes en que se divide a materia (80%). Neste
caso, de igual maneira, para superar a materia debe aprobar a parte de
prácticas e na proba das tres partes obter unha media igual ou superior a
5 sen que en ningunha das partes de obteña menos dun 4. Cando a nota
media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das partes non se chegou
ao 4, a nota que figurará será a de suspenso 4,5 Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o
alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste
caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0). |