O Traballo de Fin de Grao (TFG) é un traballo orixinal e persoal que cada estudante realizará de forma
autónoma baixo tutorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos
contidos formativos e as competencias asociadas ao título. A súa definición e contidos están explicados de forma máis extensa no Regulamento do Traballo Fin de Grao aprobado pola Xunta de Escola da Escola de Enxeñería Industrial o 21 de xullo de 2015.