Para superar a materia, o alumno debe obter polo menos 5 puntos sobre 10 na nota TOTAL en calquera convocatoria.
En calquera caso é necesario obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na nota LAB de laboratorio e tamén é necesario obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na nota EXA da avaliación dos exames, obtida mediante EXA = (3 * EXA1 + 4 * EXA2) / 7. Se non é así, a nota TOTAL reducirase a 4,5 no caso de que resulte superior.
É imprescindible fornecer en formato dixital unha fotografía actualizada ao coordinador da materia antes da primeira sesión de prácticas.
ALUMNOS CON AVALIACIÓN CONTINUA
Convocatoria de xaneiro
TOTAL = 0,7 * EXA + 0,3 * LAB
O 70% da nota TOTAL corresponde á nota EXA obtida a partir da avaliación dos exames.
O 30% da nota TOTAL corresponde á nota LAB obtida nas sesións de prácticas de laboratorio. No caso de que non se asista polo menos a 7 sesións de laboratorio das 9 sesións de 2h programadas, a nota LAB será de 0 puntos.
Convocatoria de xullo
TOTAL = 0.7 * EXA + 0.3 * LAB
O 70% da nota TOTAL corresponde á nota EXA obtida a partir da avaliación cunha proba escrita individual con preguntas de desenvolvemento. No caso de obter na convocatoria de xaneiro unha nota EXA maior ou igual a 4 puntos, o alumno pode optar por mantela para a convocatoria de xullo e non realizar a proba programada no calendario.
O 30% corresponderá á parte de laboratorio LAB. Manterase a nota de laboratorio obtida na convocatoria de xaneiro, a condición de que sexa superior ou igual a 4. En caso contrario, o alumno deberá realizar un exame de laboratorio. Para planificar este exame de laboratorio o alumno deberá solicitalo ao coordinador da materia cunha antelación de 10 días antes da data fixada para o exame no calendario do centro, para poder planificar a reserva de recursos para a súa realización. A solicitude realizarase co procedemento publicado na plataforma de docencia utilizada na materia.
ALUMNOS SEN AVALIACIÓN CONTINUA
Os alumnos aos que se lles concedeu oficialmente no centro a renuncia á avaliación continua terán que realizar un exame de prácticas de laboratorio. Para planificar estes exames o alumno deberá solicitalo ao coordinador da materia cunha antelación de 10 días antes da data fixada para o exame no calendario do centro, para poder planificar a reserva de recursos para a súa realización. A solicitude realizarase co procedemento publicado na plataforma de docencia utilizada na materia. A nota TOTAL na convocatoria será unha ponderación entre a nota LAB obtida no exame de prácticas de laboratorio e a nota EXA da proba escrita presencial individual fixada no calendario de exames do centro mediante TOTAL = 0,7 * EXA + 0,3 * LAB.
COMPROMISO ÉTICO
Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, presenza de aparellos electrónicos non autorizados no posto do exame, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Se podrán plantear actividades adicionales, de carácter voluntario, que complementen a calificación calculada en base aos criterios expresados anteriormente |