Práctica de laboratorio |
Avaliaranse as entregade informes de prácticas ou outras tarefas propostas polos docentes |
40 |
|
|
C34
|
D6
|
A avaliación da materia divídese en dous bloques: Simulación de Sistemas Mecánicos (FEM) (50% do total da materia) e Simulación de Fluídos (CFD) (50% do total da materia). En cada un dos bloques a avaliación realizarase co seguinte reparto: - Exame de preguntas obxectivas: 20%. - Prácticas de laboratorio (entregas de informes de prácticas e outras tarefas realizadas EN GRUPO): 40% - Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas (entregas de informes ou traballos realizados DE FORMA INDIVIDUAL sobre supostos propostos na materia): 40% Para superar a materia o alumnado deberá obter en cada un dos bloques da materia polo menos unha puntuación do 40% no apartado Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas (traballos realizados de forma individual). Ademáis, deberá obter polo menos un 40% no total de cada un dos bloques. Por defecto, a avaliaicón será en modalidade de Avaliación Continua para todo o alumnado. Poderá renunciar a esta modalidade de avaliaicón todo aquel que o desexe e o solicite no tempo e forma especificados pola Escola. Para o alumnado que curse a materia na modalidade de Avaliación Continua e non aprobe a materia na convocatoria de Primeira Oportunidade (maio), para aprobar a materia na convocatoria de Segunda Oportunidade (xullo) os/as docentes da materia indicaranlle as entregas ou traballos que terá que realizar para poder ser avaliado/a nesa convocatoria. O alumnado que renuncie á modalidade de Avaliación Continua será avaliado co 100% da puntuación da materia nunha única proba. Nese caso, o/o alumno/a deberá notificárllelo aos/ás docentes da materia coa antelación suficiente, os/as cales lle indicarán a metodoloxía para a avaliación. |