Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Biomateriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Autoavaliación Ao final de cada tema ou unidade temática, realizarase unha proba curta de autiavaliación que o alumnado deberá responder de xeito individual.
O resultado destas probas orientarán ao alumnado sobre a súa comprensión da materia e a progresión no aprendizaxe, polo que estará vinculado á asistencia regular a clase.

As probas consistirán na resolución de 10 cuestións tipo test (resposta única ou múltiple), en liña, a través da plataforma Moovi.
As datas e horas de realización de ditas probas será comunicada ao alumnado con anticipación suficiente a través da plataforma docente e na propia aula.
15 D5
D9
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumno tras a realización de cada sesión práctica, deberá cubrir un formulario da mesma, onde se inclúan os resultados dos ensaios realizados así como a resposta ás preguntas formuladas polo profesorado. 15 C32
C33
D3
D5
D9
Presentación Presentación oral na que cada grupo de alumnos/as expón diante do profesorado e compañeiros/as de clase o traballo desenvolvido coa axuda de medios informáticos.
O alumnado deberá demostrar a súa participación activa no traballo, os coñecementos adquiridos e a súa capacidade comunicativa.
A avaliación realizarase mediante unha rúbrica previamente coñecida, e terase en conta a información achegada, a estructuración dos contidos, a bibliografía consultada e a claridade da exposición, así como as respostas ofrecidas no debate final co profesorado e o resto do alumnado.
25 C32
C33
D3
D5
D9
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse dúas probas escritas que avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado en relación cos temas expostos nas sesións de teoría da materia.
As probas constarán de preguntas curtas e de desenvolvemento breve, nas que o alumnado deberá explicar, relacionar conceptos, ofrecer solucións a casos concretos, etc.

- A primeira proba realizarase á metade do cuadrimestre, na semana habilitada polo centro, representando un 20% da nota.
- A segunda proba realizarase na data oficialmente sinalada polo centro para o exame da 1ª edición, representando un 25% da nota.
45 C32
C33
C34
D3
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua (será o sistema de avaliación preferente): Consta de diversas probas que se desenvolverán ao longo do periodo de impartición da docencia, e dunha proba escrita que se realizará na data oficial do exame da 1ª Edición, tal como se indica na táboa anterior, na que se recolle a porcentaxe de cada proba na cualificación final. Como resumo:

  • Autoavaliación: 15%. Todo o alumnado poderá realizar esta actividade, pero a súa inclusión na cualificación final estará vinculada á asistencia a un mínimo do 75% das clases de teoría. Os casos excepcionais de imposibilidade de cumplimento desta norma, deberán ser debidamente xustificados.
  • Realización das prácticas e Informe das mesmas: 15%
  • Presentación e defensa dun traballo en grupo: 25%
  • Exame escrito: 45% distribuido en dúas probas escritas: 20% a primeira e 25% a segunda. Nesta segunda proba será imprescindible acadar unha nota mínima do 40% do seu valor para superar a materia.

- O alumnado que siga o procedemento de avaliación contínua deberá participar obrigatoriamente na totalidade das actividades indicadas anteriormente, sendo a súa cualificación final a suma das puntuacións acadadas en cada unha das probas, coa ponderación recollida na táboa anterior. Para superar a avaliación continua da materia deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10, ademáis de acadar unha nota mínima do 40% na nota correspondente ao segundo exame escrito.

No caso de non acadarse este mínimo a nota que figuraría na acta, como máximo sería un 4,5, aínda que a suma das distintas probas sexa superior.

- Nos casos excepcionais nos que un alumno ou alumna non poida participar nalgunha sesión puntual das actividades anteriores, o profesorado acordará co/coa estudante unha actividade ou proba alternativa, que lle permita continuar co desenvolvemento da materia sen detrimento no proceso de avaliación.

- O alumnado que deba presentarse á segunda edición da avaliación poderá conservar a cualificación obtida probas de Avaliación práctica ( Informe de prácticas e Defensa do traballo = 40% nota final) e presentarse a un exame escrito de preguntas obxectivas no que se avaliarán os contidos teóricos do curso e que ponderará o 60% da nota final. A proba realizarase na data oficial fixada polo centro.

Avaliación Global: Aqueles/as alumnos/as que non desexen acollerse ao procedemento de avaliación continua, deberán seguir o procedemento de renuncia a avaliación continua establecido pola dirección da EEI, cumprindo os prazos fixados polo centro. Neste caso, tanto na primeira como na segunda edición, a avaliación realizarase mediante un único exame escrito, que se realizará nas datas oficias fixadas polo centro. O exame constará de preguntas obxectivas sobre a totalidade dos contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia, supoñendo 100% da cualificación do alumno ou alumna. Para superar a avaliación global e deberán alcanzar unha cualificación mínima de 5 sobre 10.

Convocatoria Extraordinaria: levarase a cabo segundo o sistema de avaliación global, na data previamente fixada polo centro. Consta dun único exame escrito que avaliará a totalidade dos contidos teóricos e prácticos da materia, e suporá o 100% da nota final.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado, de acordo co código ético da Universidade de Vigo e da EEI. Segundo o artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docenciae do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, (Aprobado no claustro do 18 de abril de 2023): "A actuación fraudulenta en calquera proba de avaliación implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da oportunidade de avaliación da convocatoria correspondente, iso con independencia do valor que sobre a cualificación global desta tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse".

AVISO: No caso de discrepancia ou inconsistencia na información contida nas distintas versións lingüísticas desta guía, prevalece a versión editada en galego.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000