Avaliación Continua: Para superar a materia por Avaliación Continua deben
cumprirse os dous seguintes requisitos: a) Asistir e realizar
con aproveitamento as prácticas da materia entregando aqueles traballos que se
propoñan durante a súa realización A nota das prácticas terá un peso de 25%
sobre o total da avaliación. Cada alumno obterá unha nota por cada práctica. A
nota de prácticas de cada alumno obterase da media das notas de prácticas. As
sesións sen asistencia serán puntuadas cun cero. Se a asistencia ás sesións de
prácticas é inferior ao 75%, a nota das prácticas será cero. No caso de non
superar as prácticas por Avaliación Continua, o alumno terá que realizar un
exame da parte de prácticas na convocatoria final. b) Dado que a materia está estruturada en 3 partes,
realizaranse 3 probas diferenciadas de igual peso, unha por cada parte cun peso
dun 25%, dentro do horario de clases. A nota das tres partes terá un peso dun
75% sobre o total. Para superar a materia haberá que obter unha nota media de 5
sobre 10 no global das partes, sen que en ningures póidase sacar unha nota
inferior a 4 sobre 10. No caso de que en algures se obteña unha nota inferior
ao 4, aínda que a media sexa igual ou superior a 5, terá que recuperar a/s
parte/s nas convocatorias oficiais fixadas polo Centro. Notas adicionais sobre a avaliación: No caso de non superar
a materia por avaliación continua, teranse que recuperar aquelas partes non superadas
nas probas das convocatorias oficiais fixadas no calendario polo Centro. No
caso de optar pola renuncia á Avaliación Continua, o alumno terá que facer unha
proba de coñecemento relativa ás prácticas (25%) e outra proba relativa ás tres
partes en que se divide a materia (75%). Neste caso, de igual maneira, para
superar a materia debe aprobar a parte de prácticas e na proba das tres partes
obter unha media igual ou superior a 5 sen que en ningunha das partes de obteña
menos dun 4. Cando a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das
partes non se chegou ao 4, a nota que figurará será a de suspenso 4,5 Compromiso
ético: espérase
que o estudante exhiba un comportamento ético apropiado. No caso de detectar comportamentos
pouco éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados e
outros) considerarase que o estudante non cumpre cos requisitos necesarios para
aprobar a materia. Neste caso, suspenderase a cualificación xeral no ano académico
actual (0.0). |