MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS
Metodoloxías docentes que se manteñen: todas. En caso de que a docencia non se poida levar a cabo presencialmente, empregaranse as ferramentas de Campus Remoto.
Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha.
Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): a través do correo-e e das través das ferramentas de Campus Remoto.
Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir: non procede.
Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: o profesor facilitará o material bibliográfico necesario, tanto de elaboración propia como a través dos recursos da Biblioteca universitaria.
Outras modificacións: non proceden.
ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN
Mantéñense os criterios de avaliación adecuando a realización das probas, no caso de ser necesario e por indicación en Resolución Reitoral, aos medios telemáticos postos a disposición do profesorado. |