Exame de preguntas de desenvolvemento |
Traballos no que o alumno empregará os coñecementos e ferramentas adquiridos durante o curso.
|
30 |
|
B4 B5 B6 B7 B11
|
|
D2 D7 D9 D10 D17
|
Avaliación continua – Primeira oportunidade Durante o cuadrimestre realizaranse dúas probas escritas parciais (P1 e P2) que cubrirán os contidos teóricos das clases maxistrais. Cada un deles representará o 30% da nota da materia (60% en total). Os contidos teóricos avaliados en P1 non serán avaliados en P2.
Na data oficial do exame da materia (E1), realizarase unha proba escrita que abordará a resolución de problemas dos contidos vistos ó longo do cuadrimestre. Esta proba representará o 40% da nota da materia.
A nota final calcularase como: P1+P2+E1 Avaliación continua – Segunda oportunidade O exame de segunda oportunidade (E2) consistirá nunha proba escrita, cunha puntuación do 100%, na que se abordarán os contidos teóricos das clases maxistrais e a resolución de problemas dos contidos vistos ó longo da materia. Avaliación global
O alumno que solicite oficialmente a renuncia á avaliación continua terá dereito a unha proba global (EG), escrita, cunha puntuación do 100%, na que se avaliarán os contidos teóricos e a resolución de problemas vistos ó longo do curso. en idénticas proporcións á avaliación continua. Dita proba realizarase na data oficial do exame. Por acordo da Comisión Permanente da Escola de Enxeñaría Industrial, celebrada o 12 de xuño de 2015: Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un
comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non
ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e
outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico
será de suspenso (0.0). |