Traballo |
Exposición de proxectos e traballos. |
30 |
|
B5
|
C21
|
D10 D17
|
A/O alumna/o poderá decidir libremente a metodoloxía de avaliación (Global
ou Continua) dentro do prazo e procedemento estipulados a tal efecto pola
escola ou o coordinador da materia, e en calquera caso de acordo á normativa
vixente.
Modalidade Avaliación Continua
No calculo da cualificación final, consideraranse catro bloques de
avaliación que consistirán e terán os seguintes pesos:
·
Proxecto
ou traballo. Parte de Instalacións Térmicas, peso 15%. Proba consistente en
elaboración dun traballo ou proxecto con exposición oral a realizar ao longo do
curso.
·
Proxecto
ou traballo. Parte de Instalacións de Fluidos, peso 15%. Proba consistente en
elaboración dun traballo ou proxecto con exposición oral a realizar ao longo do
curso.
·
Proba
final de avaliación continua (reválida). Parte de Instalacións Térmicas, peso: 35%.
Proba consistente en cuestións teórico/prácticas incluíndo resolución de
exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Poderían incluír cuestionarios
tipo test.
·
Proba
final de avaliación continua (reválida). Parte de Instalacións de Fluidos,
peso: 35%. Proba consistente en cuestións teórico/prácticas incluíndo
resolución de exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Poderían incluír
cuestionarios tipo test.
Para que a nota cada un dos bloques de avaliación compute, deberá ter unha
puntuación superior ao 40% da puntuación da mesma, para a súa valoración.
No caso de que a suma das diferentes probas de avaliación continua sexa
unha nota superior a 5, pero non se acade a nota mínima requerida en algunha
das probas, a calificación obtida será de 4 puntos.
Modalidade Avaliación Global
Farase un exame final na data oficial aprobada en xunta de escola,
puntuación máxima: 100%
Segunda oportunidade
Na convocatoria de segunda oportunidade (extraordinaria de xullo) rexerá a
mesma metodoloxía que en primeira oportunidade, realizándose unha nova proba de
avaliación final para o alumnado que vaia por continua e un novo exame final
para o itinerario seguindo a avaliación global. Na modalidade de avaliación
continua, por tanto, gárdase a notas das probas e dos traballos ou proxectos.
Compromiso ético: espérase que o alumno presente uncomportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento nonético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, eoutros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios parasuperar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académicoserá de suspenso (0.0). |