Avaliación continua:
O alumnado que curse a materia por esta modalidade deberá entregar cuberta e con fotografía a ficha de alumno/a antes do primeiro exame parcial.
Realizaránse unha serie de probas parciais que serven para liberar contido do exame final establecido no calendario do centro. O alumnado que suspenda algún parcial, poderá recuperar só esa parte no exame final da primeira opción. De non conseguilo, deberá presentarse á convocatoria de segunda oportunidade coa materia completa. Os exames parciais poden incluír unha parte de teoría (lección maxistral) e de problemas.
A asistencia ás prácticas de laboratorio non é obrigatoria, pero representa un 10% da nota de avaliación continua (revisión de entregables en cada práctica).
Os traballos tutelados conforman o 10% da avaliación continua, quedando o exame final (80%) exento de leste temario. A nota do traballo e das práticas se sumará á nota global unha vez superado o exame final ou todos os parciais.
Si a nota media global sen traballo nin prácticas é maior que 5 pero non se aprobaron todos os parciais ou o exame global, a nota da acta será de 4.9 (suspenso).
Avaliación única:
Por defecto, considérase que todo o alumnado cursa a materia por avaliación continua. O alumnado que queira renunciar a ela debe presentar a solicitude no prazo oficial marcado polo centro.
O alumnado que renuncie á avaliación continua ten dereito a un exame final coa puntuación do 100%, cuxo contido virá determinado polo temario das sesións maxistrais (teoría), a resolución de problemas, as prácticas e unha proba sobre o contido das memorias dos traballos tutelados dos seus compañeiros.
SEGUNDA OPORTUNIDADE O alumnado que non superase a materia na primeira oportunidade terá dereito a realizar outro exame final coa puntuación do 100%, na data establecida no calendario oficial do centro.
A nota obtida en prácticas e no traballo sgardaráselle a todo aquel alumnado que así o desexe.
Compromiso ético: Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumnado non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a calificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0) |