• Coñece os principais procesos de conformación e transformación de materiais usados na industria.
• Demostra capacidade para seleccionar o proceso de elaboración máis adecuado para a obtención de pezas básicas a partir dun material determinado.
• Coñece os principais procesos de unión dos materiais usados na industria.
• Comprende as complexas interrelaciones entre as propiedades dos materiais e os procesos de conformación e unión para poder optimizar as propiedades e a produtividade nunha ampla marxe de sectores industriais.
• Coñece as características dos materiais máis habitualmente empregados en Enxeñaría.
• Coñece a evolución dos distintos tipos de materiais e dos procesos para a súa posible conformación.
• Coñece e aplica os criterios para a selección do material máis adecuado para unha aplicación concreta
• Analiza e propón solucións operativas a problemas no ámbito da enxeñaría de materiais.
• Interpreta, analiza, sintetiza e extrae conclusións e resultados de medidas e ensaios.
• Redacta textos coa estrutura adecuada aos obxectivos de comunicación. Presenta o texto a un público coas estratexias e os medios adecuados
• Demostra capacidades de comunicación e traballo en equipo.
• Identifica as propias necesidades de información e utiliza os medios, espazos e servizos dispoñibles para deseñar e executar procuras adecuadas ao ámbito temático.
• Leva a termo os traballos encomendados a partir das orientacións básicas dadas polo profesor, decidindo a duración das partes, incluíndo achegas persoais e ampliando fontes de información
|
|
B3 B4 B5 B6 B11
|
C25
|
D5 D7 D9 D10 D15 D17
|