Sistema de avaliación continua: (sistema de avaliación por defecto). Constará de diferentes probas realizadas ao longo do cuadrimestre e unha proba final na data oficial. A porcentaxe de cada proba sobre a cualificación indícase na táboa anterior e aclararase a continuación: - 20% Prácticas de laboratorio (asistencia, participación e informes) cunha proba escrita ao final. Este exame realizarase ao final do cuadrimestre na data notificada ca antelación suficiente.
- 10% Traballo tutelado (a rúbrica de avaliación estará a disposición do alumnado).
- 30%* Exame parcial I dos contidos teóricos (realizarase durante a semana reservada polo centro para a avaliación continua). Requírese un mínimo do 40% para aprobar a materia**
- 40%* Exame parcial II dos contidos teóricos no que se valorará a comprensión global da materia (realizarase na data oficial do exame da 1a edición da acta fixada polo centro). Requírese un mínimo do 40% para aprobar a materia**
Para superar a materia: - Para a 1ª edición de avaliación deberase acadar un mínimo do 40% na nota de cada un dos exames teóricos (Exame parcial I e Exame parcial II). **De xeito alternativo, considerarase un mínimo global do 50% entre ambos os parciais, é dicir, 3,5 puntos sobre 7. - O alumnado que deba realizar o exame da 2ª edición de avaliación na data oficial fixada polo centro (exame de xullo) realizará un único exame escrito que avaliará todos os contidos teóricos (tema avaliado nos exames parciais I e II) e que representará o 70% da nota. Conservará a cualificación de Prácticas e traballo tutelado (30%). Requírense os mesmos mínimos que na 1ª edición de avaliación. - Se non se acadan os mínimos, a materia considérase non superada e a cualificación final só será a acadada nos exames teóricos e non se sumará a nota das prácticas nin a do traballo tutelado. - Se se acadan os mínimos sumarase a nota de traballo e prácticas, debendo acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 para aprobar. Sistema Global de Avaliación. En ambas oportunidades de avaliación, aqueles alumnos que decidan optar a esta modalidade, seguindo o procedemento e prazo establecidos polo centro, serán avaliados mediante un exame escrito que incluirá todos os contidos da materia (impartidos tanto nas clases teóricas como nas prácticas) na data oficial fixada polo centro, sendo necesario acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia. Na Convocatoria Extraordinaria de setembro só se terá en conta o sistema de avaliación global. Comportamento ético: Preténdese que o alumno presente un comportamento ético adecuado, prestando especial atención ao sinalado nos artigos 39, 40, 41 e 42 da Normativa de avaliación, cualificación e calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudante de Vigo (aprobada na facultade do 18 de abril de 2023 e modificada na facultade do 22/12/2023). AVISO: En caso de discrepancias entre as distintas versións lingüísticas da guía, prevalecerá o indicado na versión en castelán. |