Exame de preguntas obxectivas |
Dúas probas tipo test de escolla múltiple sobre contidos teóricos e prácticos. |
50 |
|
B9
|
|
D5 D8 D9
|
1. AVALIACIÓN CONTINUA A cualificación final no sistema de avaliación continua determinarase a
través das seguintes probas e actividades: - Exame
parcial 1. Esta proba será tipo test, realizarase ao concluír o Tema 3, terá un
carácter liberatorio e suporá o 20% da cualificación final da materia. - Exame
parcial 2. Esta proba tamén será tipo test, realizarase ao concluír o período formativo vencellado á materia e suporá o 30% da cualificación final da mesma. - Exame
final. Este exame consistirá no desenvolvemento de varios problemas, realizarase na
data establecida polo Centro na planificación académica e suporá o 30% da
cualificación final da materia. - Prácticas.
O cumprimento das tarefas desenvolvidas durante as prácticas suporá o 20% da
cualificación final da materia. Cada práctica realizada por o/a alumno/a será
avaliada, calculándose a cualificación de prácticas como a media aritmética das
notas obtidas nestas.
2. AVALIACIÓN GLOBAL Para os/as alumnos/as que opten por este sistema de avaliación, a cualificación final da materia será a obtida nunha proba global que se realizará na data
establecida polo Centro na planificación académica. Este exame dará a
posibilidade de obter o 100% da cualificación e constará de dúas partes: - A primeira parte constituirá o 40% da nota final e tratarase dunha proba tipo test
que abarcará todos os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo do
período formativo vencellado á materia. Unha condición necesaria, aínda que non
suficiente, para superar a materia, será obter nesta parte unha puntuación
mínima de 5, nunha escala do 0 a 10. - A segunda parte completará o 60% restante e constará de varios problemas que o/a
alumno/a deberá desenvolver.
3. RECUPERACIÓN DE XULLO Nesta oportunidade aplicaranse os criterios de avaliación establecidos nos
apartados anteriores en función do sistema de avaliación elixido polo/a
alumno/a. 4. COMPROMISO ÉTICO Esperase que o/a alumno/a actúe eticamente e con honestidade en todas as
probas e actividades que se desenvolvan ao longo do período formativo. No caso de detectar unha actuación fraudulenta nas actividades e probas de
avaliación (copia, utilización de apuntamentos, libros, materiais, dispositivos
electrónicos, medios telemáticos non autorizados, e outros) considerarase que
o/a alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dito
comportamento implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da
oportunidade de avaliación da convocatoria correspondente. |