Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Fundamentos de administración de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Resolución de problemas e/ou exercicios mediante a aplicación de rutinas, procedementos e fórmulas a partir da información dispoñible. 20 B9
D5
D8
D9
Exame de preguntas obxectivas Dúas probas tipo test de escolla múltiple sobre contidos teóricos e prácticos. 50 B9
D5
D8
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba con cuestións teóricas e prácticas, sobre os contidos impartidos ao longo de todo o período formativo. 30 B9
D5
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. AVALIACIÓN CONTINUA

A cualificación final no
sistema de avaliación continua determinarase a través das seguintes probas e
actividades:

  • Proba 1. Este exame
    será tipo test, realizarase ao concluír o Tema 3, terá un carácter liberatorio
    e suporá o 20% da cualificación
    final da materia.
  • Proba 2. Esta proba
    tamén será tipo test, realizarase ao concluír o período formativo vencellado á
    materia e suporá o 30% da cualificación
    final da mesma.
  • Proba 3. Este exame
    consistirá no desenvolvemento de varios problemas, realizarase na data
    establecida polo Centro para o exame final na convocatoria ordinaria e suporá o
    30% da cualificación final da
    materia.
  • Prácticas. O cumprimento
    das tarefas desenvolvidas durante as prácticas suporá o 20% da cualificación final da materia.

2. AVALIACIÓN GLOBAL

Para os estudantes que opten
por este sistema de avaliación, a cualificación final da materia será a obtida
nun exame global que realizarase na data establecida polo Centro na
planificación académica. Este exame dará a posibilidade de obter o 100% da
cualificación e constará de dúas partes:

  • A primeira parte constituirá o 40% da nota
    final e tratarase dunha proba tipo test que abarcará todos os contidos teóricos
    e prácticos desenvolvidos ao longo do período formativo vencellado á materia.
    Unha condición necesaria, aínda que non suficiente, para superar a materia,
    será obter nesta parte unha puntuación mínima de 5, nunha escala do 0 a 10.
  • A segunda parte completará o 60% restante
    e constará de varios problemas a desenvolver.

3. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO
(SEGUNDA OPORTUNIDADE)

Nesta convocatoria, a
cualificación será a obtida nun exame global das mesmas características que o
da convocatoria ordinaria.

Os estudantes que optaron
polo sistema de avaliación continua serán examinados daquela proba na que
obtiveron unha menor cualificación, manténdose a nota obtida en prácticas e nas
dúas probas restantes. Non obstante, se así o desexan, estes poderán cambiar ao
sistema de avaliación global, comunicándoo por correo-e unha semana antes do
exame.

4. COMPROMISO ÉTICO

Esperase que os estudantes
actúen de forma ética e honesta en todas as probas e actividades que se
desenvolvan ao longo do período formativo.

No caso de detectar unha
actuación fraudulenta nas actividades e probas de avaliación (copia,
utilización non autorizada de apuntamentos, libros, materiais, dispositivos
electrónicos, medios telemáticos e outros) considerarase que o estudante non
reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dito comportamento
implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria
correspondente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000