Exame de preguntas obxectivas |
Dúas probas tipo test de escolla múltiple sobre contidos teóricos e prácticos. |
50 |
|
B9
|
|
D5 D8 D9
|
1. AVALIACIÓN CONTINUA A cualificación final no
sistema de avaliación continua determinarase a través das seguintes probas e
actividades: - Proba 1. Este exame
será tipo test, realizarase ao concluír o Tema 3, terá un carácter liberatorio
e suporá o 20% da cualificación
final da materia. - Proba 2. Esta proba
tamén será tipo test, realizarase ao concluír o período formativo vencellado á
materia e suporá o 30% da cualificación
final da mesma. - Proba 3. Este exame
consistirá no desenvolvemento de varios problemas, realizarase na data
establecida polo Centro para o exame final na convocatoria ordinaria e suporá o
30% da cualificación final da
materia. - Prácticas. O cumprimento
das tarefas desenvolvidas durante as prácticas suporá o 20% da cualificación final da materia.
2. AVALIACIÓN GLOBAL Para os estudantes que opten
por este sistema de avaliación, a cualificación final da materia será a obtida
nun exame global que realizarase na data establecida polo Centro na
planificación académica. Este exame dará a posibilidade de obter o 100% da
cualificación e constará de dúas partes: - A primeira parte constituirá o 40% da nota
final e tratarase dunha proba tipo test que abarcará todos os contidos teóricos
e prácticos desenvolvidos ao longo do período formativo vencellado á materia.
Unha condición necesaria, aínda que non suficiente, para superar a materia,
será obter nesta parte unha puntuación mínima de 5, nunha escala do 0 a 10. - A segunda parte completará o 60% restante
e constará de varios problemas a desenvolver.
3. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO
(SEGUNDA OPORTUNIDADE) Nesta convocatoria, a
cualificación será a obtida nun exame global das mesmas características que o
da convocatoria ordinaria. Os estudantes que optaron
polo sistema de avaliación continua serán examinados daquela proba na que
obtiveron unha menor cualificación, manténdose a nota obtida en prácticas e nas
dúas probas restantes. Non obstante, se así o desexan, estes poderán cambiar ao
sistema de avaliación global, comunicándoo por correo-e unha semana antes do
exame. 4. COMPROMISO ÉTICO Esperase que os estudantes
actúen de forma ética e honesta en todas as probas e actividades que se
desenvolvan ao longo do período formativo. No caso de detectar unha
actuación fraudulenta nas actividades e probas de avaliación (copia,
utilización non autorizada de apuntamentos, libros, materiais, dispositivos
electrónicos, medios telemáticos e outros) considerarase que o estudante non
reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dito comportamento
implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria
correspondente. |