Enxeñaría mecánica, máquinas e motores térmicos e fluídos
Coordinador/a
Gómez Rodríguez, Miguel Ángel
Correo-e
miguelgr@uvigo.es
Profesorado
Gómez Rodríguez, Miguel Ángel
Web
Descrición xeral
Con esta materia preténdese que o alumno adquira os coñecementos imprescindibles que lle permitan comprender o funcionamento das máquinas térmicas e os procesos que teñen lugar no seu interior, así como coñecer os tipos de máquinas e instalacións máis importantes e os seus compoñentes. Os seus coñecementos son básicos para a análise do funcionamento, deseño e construción de máquinas térmicas e dos equipamentos térmicos asociados a elas e, en xeral, das aplicacións industriais da enxeñaría térmica.
Nesta materia, os contidos céntranse en aspectos de eficiencia enerxética así como en aspectos ambientais e sociais. Estes aplícanse aos sistemas que utilizan ciclos térmicos: ciclos de potencia (gas e vapor) e ciclos de refrixeración e bomba de calor, así como o uso de diferentes combustibles renovables.