Avaliación global: nas dúas edicións oficiais, a renuncia á avaliación continua e a elección do sistema de avaliación global realizarase seguindo o procedemento e o prazo establecido polo centro. Consistirá nun único exame escrito na data oficial fixada pola Escola, que terá un peso do 100% da nota, e avaliaranse todos os contidos teóricos e prácticos da asignatura. Avaliación continua: Convocatoria Ordinaria. Consistirá en distintas probas realizadas durante a impartición da asignatura e unha proba final na data oficial previamente fixada polo centro. Nesta proba final, esixirase unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder aprobar a asignatura. Para aprobar, a nota final deberá ser, polo menos, de 5 sobre 10. No caso de non alcanzar a nota mínima no exame final, ao estudante outorgaráselle unha nota de máximo 4.5. Avaliación continua: Convocatoria Extraordinaria. Calcularase a nota do alumno/a en dous supostos: considerando a avaliación continua (probas de avaliación continua = 60%, exame final = 40% con nota mínima de 4 sobre 10), e considerando a avaliación global (exame final = 100%); e outorgaráselle a máxima de ambas. A proba realizarase na data oficial previamente fixada polo centro. Para aprobar, a nota final deberá ser, polo menos, de 5 sobre 10. No caso de non acadar a nota mínima no exame final, outorgaráselle ao alumno unha nota máxima de 4.5. Comportamento ético: Esperase que o estudante presente un comportamento ético adecuado, prestando especial atención ao indicado nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo (aprobado no claustro do 18 de abril de 2023). |