Educational guide 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Física III
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Física III Código V12G363V01503
Titulación
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Física aplicada
Coordinador/a
López Vázquez, José Carlos
Correo-e jclopez@uvigo.es
Profesorado
López Vázquez, José Carlos
Web http://moovi.uvigo.gal/
Descrición xeral A materia Física III ten como principais obxectivos xerais:
a) Profundar nos fundamentos físicos da enxeñaría, en particular naqueles relacionados cos fenómenos electromagnéticos e ondulatorios.
b) Introducir o emprego, no contexto de problemas e modelos en Física, das ferramentas da análise vectorial e das ecuacións diferenciais da física matemática e os seus problemas de contorno asociados.
c) Compaxinar un marcado carácter formativo cun enfoque práctico e enxeñeril, destacando a importancia dos coñecementos fundamentais para abordar a análise de problemas e a síntese de solucións en situacións reais.
d) Relacionar os contidos en fundamentos físicos dos fenómenos electromagnéticos e ondulatorios con contidos doutras materias do Plan de Estudos de carácter máis tecnolóxico.

Os contidos de Física III son, basicamente, unha introdución aos fenómenos ondulatorios en xeral (tres temas) e o estudo do electromagnetismo clásico, empregando un esquema axiomático cun tratamento matemático baseado en operadores diferenciais vectoriais (catro temas).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000