Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Enxeñaría de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realizarase mediante dúas probas escritas (preguntas curtas e tipo teste probelmas) que recollan os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso. Unha proba realizarase durante o período de docencia (30%) e a outra será na data oficial fixada polo centro (40%). 70 B3
B4
B5
B6
B11
D5
D7
D9
D10
D15
Prácticas de laboratorio As actividades formativas de carácter práctico avaliaranse segundo os criterios de asistencia e grao de participación, informes de desenvolvemento de prácticas e unha proba ao final do período de impartición das prácticas
20 D5
D9
D10
D15
D17
Traballo tutelado Avaliaranse polos informes presentados, e a exposición en clase dos traballos.
10 B3
B4
B11
D9
D10
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN:

a)Modalidade de Avaliación continua

 

A avaliación continua realizarase durante o periodo de impartición da
materia. Para superar a materia o alumno deberá acadar un 5 ou superior. A contribución de cada proba a nota é como segue:

 

1)   Avaliación dos contidos de prácticas mediante proba
escrita, que se fará a finais do semestre, elaboración e entrega da memoria de prácticas (20% da cualificación). 

2)   Elaboración e presentación dun traballo (10% da cualificación).

3)   Primeira proba escrita dos contidos impartidos nas clases
non prácticas (30% da cualificación). Esta proba está programada para novembro.

4)   Segunda proba escrita dos contidos impartidos nas clases
non prácticas (40% da cualificación). Esta proba levaráse a cabo na data oficial marcada polo centro para
realizar a avaliación global da materia.

Para aprobar esta materia será necesario acadar un mínimo de 5, sobre 10, que se corresponderá coa suma da puntuación obtida en cada apartado. Ademáis, para aprobar será necesario acadar unha nota mínima do 40% en cada exame escrito (parcial e final). En caso de que non se acadara esta nota mínima, poderase aprobar esta materia no caso de que a suma das notas dos exames parcial e do final sexa de 3.5 (50% de 7), sempre que a suma de todos os apartados indicados arriba sexa de polo menos 5 puntos. 

No caso de que non se acaden os mínimos, non se considerarán as cualificacións dos apartados 1) e 2).   

 

b)Modalidade de Avaliación global.

 

Aqueles alumnos que renuncien á metodoloxía de  avaliación continua e
polo tanto empreguen a metodoloxía de avaliación global, farán  un exame
sobre a totalidade dos contidos da materia (impartidos tanto nas clases
teóricas como nas prácticas) na data marcada polo centro, sobre unha puntuación
de 10 puntos, sendo preciso acadar 5 puntos.

SEGUNDA EDICIÓN (exame de Xullo):

Na segunda edición da acta:

 

a)    Aqueles alumnos que na edición anterior se avaliaron pola modalidade
da Avaliación continua, se o desexan, poderán manter as cualificacións
dos apartados 1) e 2). Neste caso, serán avaliados mediante unha proba escrita,
sobre os contidos impartidos nas clases teóricas. A proba representará un 70%
da cualificación final. Os mesmos requisitos relativos ás notas mínimas que os indicados na modalidade a serán tidos en conta. Esta proba realizaráse
na data oficial fixada polo centro.

b)    Modalidade de Avaliación global: Nesta
modalidade o alumno fará unha proba escrita que avaliará a totalidade dos
contidos da materia, impartidos nas clases de teoría e de prácticas. Para
superar a materia o alumno deberá obter 5 puntos sobre 10. Esta proba
realizaráse na data oficial fixada polo centro para a segunda oportunidade.

 

Compromiso
Ético:  Espérase
 que o alumno/a presente un comportamento ético adecuado, tal como se
recolle nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento
sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia  e do proceso
de aprendizaxe do estudantado, aprobado no Claustro do 18 de Abril do 2023. No caso de detectar
un comportamento non ético  (copia, plaxio, emprego de aparellos
eléctricos  non autorizados, e outros) considerarase   que ó
alumno non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a
cualificación global non presente curso académico sera de suspenso (0.0).

 

AVISO: No suposto de haber discrepancias entre as diferentes versións
lingüísticas da guía, prevalecerá o recollido na versión en inglés.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000