Prácticas de laboratorio |
Valorarase a asistencia e participación activa en todas as clases prácticas do cuadrimestre, así como a entrega en tempo e forma de toda a documentación solicitada nas mesmas (informes, memorias de prácticas, etc.). A parte presencial correspondente a cada práctica realízase nunha data determinada, polo que non é posible recuperar as faltas de asistencia. Escusaranse aquelas prácticas nas que o alumno presente un xustificante oficial (médico, xulgado,...) debidas a razóns inevitables. Puntuarase co valor indicado, a condición de que se alcance como mínimo o 45% da cualificación posible no exame final. |
10 |
|
|
|
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Exame escrito nas datas oficiais establecidas polo centro. Nota mínima para sumar na calificación global 45%(*).
(*) Este mínimo rebaixarase ao 40% para os alumnos que teñan asistido e participado activamente en polo menos o 80% das actividades e clases realizadas en sesións de aula. |
40 |
|
|
|
|
Exame de preguntas obxectivas |
Probas escritas para avaliar o traballo individual e o traballo en equipo realizado polo alumno ao longo do curso. Realizaranse 4 probas ao longo do curso nas datas que se lle comunicarán ao alumnado ao comezo do curso, ou polo menos 2 semanas antes da realización da proba. Cada proba valorarase nun 10% da nota global da materia, sendo o total das probas valorado nun 40% da nota final. Para superar a materia será condición necesaria acadar polo menos o 40% da nota desta proba.
Puntuarase o valor indicado, sempre que no exame final se alcance polo menos o 45%(*) da nota posible.
(*) Este mínimo rebaixarase ao 40% para os alumnos que teñan asistido e participado activamente en polo menos o 80% das actividades e clases realizadas en sesións de aula.
Os estudiantes que opten pola modalidade de avaliación global (renuncia á avaliación continua) farán un exame final consistente en: i) preguntas de desenvolvemento; ii) preguntas de carácter conceptual (previsiblemente tipo test). Este exame final será valorado co 100% da nota final da materia. |
40 |
|
|
|
|
Compromiso ético: espérase que o alumno mostre un comportamento ético adecuado. Se se detectan condutas pouco éticas (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados e outros), consideran que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, suspenderase a nota global deste curso (0,0). Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir na aula de exames un dispositivo electrónico non autorizado terá a consideración de motivo de non superación da materia neste curso académico e suspenderase a nota global (0,0). |