=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
A actividade docente impartirase a través do Campus Remoto, empregando tamén a plataforma de teledocencia Moovi como reforzo, todo sen prexuízo de poder empregar medidas complementarias que garantan a accesibilidade dos estudantes aos contidos docentes.
As titorías realizaranse por medios telemáticos, de xeito asincrónico (correo electrónico) ou por videoconferencia, neste caso previa cita.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
No caso de non poder realizar as probas presencialmente, manterase a mesma estrutura de avaliación (mesmas probas e mesmos pesos), pero as probas realizaranse a través dos medios telemáticos dispoñibles na Universidade de Vigo (Moovi, Campus remoto , etc.)
|