Avaliación continua – Primeira oportunidade Durante o cuadrimestre realizaranse dúas probas escritas parciais (P1 e P2) que cubrirán os contidos vistos ata a data da proba. A proba de P1 realizarase no horario lectivo e a de P2 na data e na aula do exame oficial. Os contidos avaliados en P1 non serán avaliados en P2. Cada unha das probas P1 e P2 terá un valor do 40% da nota da materia (80% en total). Para aprobar a materia o alumnado deberá obter unha cualificación igual ou superior a 4 sobre 10 (1,6 puntos sobre 4) en cada unha das probas de P1 e P2. A maiores, o alumnado deberá realizar un traballo (T) que suporá o 20% da nota da materia. O devandito traballo poderá ser sometido ao sistema antiplaxio e a porcentaxe máxima admisible será do 33%. A nota final calcularase como: P1+P2+T. No caso de que a nota en calquera proba sexa inferior a 4 sobre 10 (1,6 puntos sobre 4) e a puntuación total da materia sexa superior a 4, a nota final será de 4. Avaliación continua – Segunda oportunidade O exame de segunda oportunidade (E2) consistirá nunha proba escrita que se dividirá en dúas partes, unha na que se avaliarán os contidos teóricos da materia e outra na que o alumno abordará a resolución de problemas vistos na materia. Este exame representará o 80% da nota final da materia. Para aprobar a materia, o alumno deberá obter en E2 unha nota igual ou superior a 4 sobre 10 (3,2 puntos sobre 8). Mantense a nota do traballo e non é recuperable. A nota final calcularase como E2+T. No caso de que a nota en E2 sexa inferior a 4 sobre 10 (3,2 puntos sobre 8) e a puntuación total da materia sexa superior a 4, a nota final será de 4. Avaliación global O alumno que solicite oficialmente a renuncia á avaliación continua terá dereito a unha proba global (EG), escrita, cunha puntuación do 80%, na que se avaliarán os contidos teóricos e a resolución de problemas vistos ó longo do curso. Ademais, o 20% restante avaliarase mediante unha pregunta adicional na que o estudante realizará unha disertación escrita (DE) sobre un tema elixido dunha lista proposta. Para aprobar a materia o alumno deberá obter unha nota igual ou superior a 4 sobre 10 (3,2 sobre 8) en EG. A nota final calcularase como a suma de EG e DE. No caso de que a nota do EG sexa inferior a 4 sobre 10 (3,2 puntos sobre 8) e a puntuación total da materia sexa superior a 4, a nota final será de 4. Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considerarase que o alumno non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a calificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de evaluación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a calificación global será de suspenso (0.0). |